A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística advirte por escrito o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, o seu deber de colaborar entre as administacións tal como estipula o artigo 370 do Regulamento da Lei do Solo de Galicia “en orde á protección da legalidade urbanística”, indican dende a APLU.
Trátase da segunda petición de información que solicita a APLU ao concello, xa que da primeira, con data do 2 de agosto de 2019, a APLU non tivo “resposta algunha”. Esta segunda, que ten data 24 de outubro de 2019, prodúcese tras requirimento de Óscar Vilar do PSdeG de O Pino. Un dos denunciantes, no seu día, das sondaxes en vías públicas cometidas por Cobre San Rafael S.L., cando carecía das autorizacións previas.
Ilegalidades que logo despois ratificaron os informes do arquitecto municipal, o da asistencia técnica contratada polo Concello, e o do asesor xurídico. Dando todo ilo lugar á apertura dun expediente de reposición á legalidade e procedemento sancionador.
O Grupo Municipal do PSdeG local, denuncia a falta de interese intencionada do alcalde popular, Manuel Taboada, e así mesmo afirma que estes feitos demostran que no Partido Popular existe o favoritismo cara as empresas amigas, “levamos con este asunto case que dous anos, non hai resolución da parte que correspondente o ente local, é tampouco se envía o expediente á APLU, para que esta poida resolver”, afirman.