Tres quilómetros de estradas locais nas parroquias de San Breixo (1 quilómetro), e San Mamede de Ferreiros (2 quilómetros), no concello de O Pino que acaban de ser amañadas grazas os fondos do ente provincial.
As actuacións consistiron no arranxo das fochancas e posteriormente unha mellora nas capa de rodaxe mediante un tratamento asfáltico superficial e posterior rego de selado a toda a plataforma.
As obras foron realizadas pola empresa Obras y Viales de Galicia, S.L. (OVIGA) e o orzamento ascendeu a 56.420€ (ive incluído).
Presentáronse á licitación cinco empresas; Arines Obras y Servicios. S.L.; Cosmalca, S.L.; Hordescon, S.L.; Obras y Viales de Galicia, S.L.; e José No Martiñan e Hijos, S.L.