A Deputación da Coruña vén de rematar as obras de mellora do firme da DP6601 en O Pino. Os traballos incluíron o fresado dos tramos de pavimento que se atopaban en mal estado, dotándoos dunha nova capa de rodadura mediante mestura bituminosa en quente.
Na actuación, destaca a travesía do Outeiro en Arca, case que un quilómetro, que conta con un pavimento totalmente renovado.
Así mesmo, tamén se procedeu a renovación de toda a sinalización horizontal (liñas laterais).
A DP6601 é unha estrada de titularidade provincial con cunha lonxitude de 3,7 quilómetros, e que une a N-547 coa N-634 no Concello de O Pino.