O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO PINO AFIRMA QUE A REPOSICIÓN DA PARADA DE AUTOBÚS SUPRIMIDA EN CASTROFEITO, COA POSTA EN MARCHA DA AUTOVÍA A LUGO, CORRESPÓNDELLE A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
INDICAN QUE “ALGUÉN INTENCIONADAMENTE INTENTA ENGANAR AOS VECIÑOS E VECIÑAS BOTÁNDOLLE AS CULPAS A DEMARCACIÓN DE ESTRADAS CANDO ESTE ORGANISMO NON TEN A COMPETENCIA NA REDE DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA”
A veciñanza da parroquia de Castrofeito, no concello coruñés de O Pino, desde a posta en marcha do tramo da autovía Lavacolla-Arzúa da A54, demanda a reposición da parada de autobús de Castrofeito na liña que une as cidades de Santiago e Lugo.
A última demanda da veciñanza afirmaba que a reposición dependía da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, cando “isto é totalmente falso”, indican desde o PSdeG do local.
O Grupo Municipal Socialista, tras esta última denuncia, volveu a interesarse polo asunto, contactou coa Demarcación de Estradas e puido comprobar que “a día de hoxe non existe ningunha petición nin por parte de Mobilidade (Xunta de Galicia), nin por parte do Concello de O Pino, para fixar a nova localización da parada nos marxes da N-634”, afirman.
Así mesmo indican que “no ano 2019 foi Demarcación de Estradas a que solicitou, en varias ocasións, a Mobilidade da Xunta posibles localizacións da parada suprimida, sen que este organismo tivera nunca unha proposta firme, escusándose sempre a Consellería de Mobilidade na negociación que tiña que levar a cabo coas concesionarias das liñas afectadas, Lugo-Santiago e Burela-Santiago”.
Por último, o Grupo Socialista do Pino, solicita que non se engane a veciñanza só co afán de confrontar, que tanto a administración local como a autonómica solucionen o problema, e que deixen dunha vez por todas de escorrer o vulto.