En Arca, O Pino, a 16 de xaneiro de 2020. O Pleno extraordinario que solicitara o PSOE local, o pasado 19 de decembro de 2019, para tratar o asunto do servizo de pediatría vén de ser convocado e notificado nos domicilios dos concelleiros/as pola Secretaría-Interventora do Concello de O Pino.
A distinta normativa de funcionamento das entidades locais, obriga aos técnicos habilitados a convocar e notificar os Plenos solicitados, ao menos, pola cuarta parte dos membros da Corporación, e cando pasado o prazo establecido, o Alcalde, se nega a convocatoria do mesmo.
Segundo o PSOE local, que o Pleno, solicitado dende o pasado 19 de decembro, sexa convocado pola Secretaria, esgotando os prazos, pon de manifesto a falta de interese que mostra o Alcalde neste asunto sanitario, “estamos sen servizo de pediatría dende o pasado 4 de novembro, e que un Alcalde con dedicación exclusiva, non atope un oco na súa axenda para convocar un pleno para tratar este asunto, demostra soberbia, falta sensibilidade e non estar á altura das circuntancias”, denuncian os Socialistas.
O Pleno celebrarase o vindeiro 28 de xaneiro, as 12 horas, segundo indica a convocatoria. Convocatoria notificada de forma presencial pola Secretaria do concello nos domicilios das concelleiras e concelleiro do PSdeG-PSOE de O Pino.
Notificación en domicilio como obriga a distinta normativa, ao carecer o Concello de medios electrónicos habilitados onde quede constancia de que os concelleiros/as recibiron a notificación das distintas convocatorias.
O PSOE indica que desta vez, si, notificaron como manda a lei, “parece que, agora, tras a imposición do Contencioso Administrativo, convocan en tempo e forma, é lamentable ter que acudir a Xustiza para que unha administración cumpra a normativa” indica o voceiro do PSOE, Óscar Vilar.