O PSOE do Pino anuncian que vén de ser admitida a trámite a queixa interposta ante a Valedora do Pobo.
Queixa rexistrada, o pasado 4 de febreiro, ante o alto comisionado do Parlamento de Galicia, e onde denuncian a falta reiterada de transparencia e información que vén practicando o Concello do Pino e o seu Alcalde.
O Socialistas afirman que ”o Concello do Pino está a incumprir de xeito reiterado a Lei de Bases de Réxime Local, e, tamén, o Real Decreto 2568/86 de 28 de novembro, en relación ao dereito de información que teñen todos concelleiros/as da Corporación”.
Así mesmo, tamén informan que “tendo solicitado, no presente mandato, as actas dos Plenos e das Xuntas de Goberno Local, e expedientes nunca reciben resposta”.
A Valedora do Pobo no escrito remitido ao Grupo Socialista, comunica a admisión a trámite da queixa, e como primeira acción informa que acaba de esixirlle ao Concello do Pino, mediante requirimento, que, nun prazo de 15 días, explique os problemas que motivan esta falta de información e transparencia.