Este mediodía preto de noventa veciños e veciñas de O Pino secundaron a protesta convocada polo PSOE local co obxectivo de reclamarlle á Xunta o restablecemento inmediato do servizo de pediatría. Servizo pechado dende fai máis de dous meses.
Durante os 45 minutos de protesta, os veciños e veciñas, lanzaron berros como “Queremos Pediatra Xa!!”, “Sanidade de Calidade no Rural e Feijóo escoita o Pino está en Loita”.
Logo despois trasladáronse as dependencias do Centro de Saúde para efectuar reclamacións individuais co fin de que a Consellería de Sanidade cubra a baixa da pediatra titular sen máis demora.
Así mesmo, entre todos e todas os concentrados acordouse poñer en marcha novas medidas de presión como a recollida de firmas e, se é o caso, novas mobilizacións.
Medidas de presión que se suman as xa solicitadas polo PSOE local como a solicitude dun Pleno Extraordinario, que segue pendente de convocatoria, “unha mostra máis do nulo interese que está a mostrar o Alcalde e o Partido Popular local sobre este asunto”, indican os Socialistas.
Dende o PSOE local agradecen a tod@s os asistentes o apoio e, tamén, as achegas e ideas para serguir reivindicando á Xunta de Galicia que a sanidade do rural ten que estar á altura da sanidade das medianas e grandes vilas de Galicia.