O PSOE de O Pino informa que o concello ten publicado na Plataforma de Contratacións do Sector Público unha nova licitación para a “adquisición de material cardio” por un valor de 55.573,99€.
Os pregos e condicións inclúen: 5 cintas de correr; 5 elípticas; 5 bicicletas; 1 remo air rower; 1 remo sentado adaptado e 60 planchas de caucho. Trátase de diverso equipamento para realizar exercicio físico e que todo apunta a que será destinado a crear o primeiro ximnasio municipal, segundo informan dende o PSOE local.
A licitación está financiada grazas ó Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, convocatoria 2018-2019 (Leader, submedida 19.2).
Os Socialistas de O Pino alégranse de que a veciñanza de O Pino, por fin, dispoña dun lugar con un equipamento mínimo e axeitado para realizar actividade física.
Así mesmo, lembra que o ximnasio é unha vella demanda da veciñanza, e que a mesma xa figuraba nos últimos programas electorais do PSOE. Agora, “esperamos que todo este material estea á disposición de toda poboación canto antes e con uns amplos horarios para o goce de todos e todas”, apuntan.