O Grupo Municipal Socialista do Pino a través do seu voceiro, Óscar Vilar, vén de remitir carta ao alto comisionado do Parlamento de Galicia agradecendo as accións e requirimentos realizados, co fin de que o Concello do Pino remitise aos membros da Corporación as actas das Xuntas de Goberno Local e Plenos.
Na misiva agradecen e recoñecen o traballo realizado pola institución, “a admisión a trámite da queixa e, os tres requirimentos, feitos pola Valedora ao Concello do Pino, advertindo de que de persistir na negativa ou neglixencia podería dar lugar a unha declaración de hostilidade foron claves para que toda a Corporación dispoña da documentación que estaba pendente de entrega”, apuntan.
Toda a Corporación vén de recibir un total de 21 actas das Xuntas de Goberno Local, a máis antiga leva data do 14 de decembro de 2018, e a máis recente é do 6 de xuño de 2020. Así mesmo, tamén veñen de recibir 11 actas dos Plenos, 10 destas do presente mandato 2019-2023, e a restante do mandato 2015-2019.
Saúdos. Comunicación PSdeG-PSOE do Pino