O PSOE do Pino da a coñecer as alegacións que someterá a debate e posterior votación no Pleno do vindeiro xoves, día 6 de febreiro, as 12 horas
Unha moción que contempla o conxunto de alegacións que, “o ente local debería trasladar á Dirección Xeral de desenvolvemento rural, co fin de mellorar o deseño da rede viaria e o propio proceso de reestruturación, posto que así o demandan os veciños/as” indican dende o PSOE.
Alegacións:
- Deseñar unha nova rede viaria co obxecto de eliminar e reducir a rede de camiños e tamén as numerosas curvas, posto que a DIA so recomenda seguir aquelas curvas a nivel do terreo. Así mesmo, que os camiños próximos as liñas de alta e media tensión deben descorrer polo terreo de afectación de voo das mesmas.
- Que os camiños principais conten con un ancho mínimo de 6 metros, máis cunetas.
- Que o proxecto da nova rede viaria contemple a unión dos camiños A-14 con A-11, na zona do Monte de Beirán a través dunha ponte á altura do río, e, tamén, que o camiño A-22 conte con un enlace máis.
- Que o camiño denominado A-21 debe ter unha conexión co tramo de camiño asfaltado que une o lugar do Pumar (Gonzar) coa parroquia de San Miguel (O Pino), cruzando, este enlace, o camiño denominado A-20.
- Que nas “Actuacións complementarias” (Memoria) deben figurar os traballos para a construción das entradas de todas as fincas resultantes. Estradas amplías e construídas con tubos de formigón.
- Que deben figurar (Memoria), a construción/ampliación da coñecida como Ponte DOMÉS. Ponte que une o camiño A-07 co camiño asfaltado do lugar de Domés na parroquia de Lardeiros.
- Que se debe comunicar, por escrito, a todos os propietarios/as de predios localizados nas zonas de exclusión o motivo de tal exclusión, como a superficie excluída de cada parcela.
- Que unha vez exposto o novo deseño do trazado da Rede Viaria se debe publicar a resolución dando a coñecer o período de alegacións correspondente.
- Que todas as visitas, reunións de traballo dos Directores territoriais, Xefes de servizo e Técnicos redactores teñen que desenvolverse en acto público na parroquia de Gonzar.
- Unha vez rematado o novo proxecto de rede viaria se expoña os mapas, e, sobre todo, os mapas do deseño do trazado da rede viaria sobre o parcelario tras a nova reestruturación parcelaria, é dicir, co replanteo das fincas resultantes. Así mesmo, que nos mapas figure de forma clara; as zonas de exclusión existente, e a planta xeral das obras.