En O Pino, a 30 de maio de 2021. O PSOE do Pino vén de realizar unha campaña de información polas explotacións gandeiras do municipio para que soliciten canto antes a bonificación do 95% no Imposto de Bens Inmobles (IBI).
A Corporación do Pino modificou a ordenanza reguladora, tras unha iniciativa do PSOE local, no ano 2020, fixando bonificacións para os inmobles onde se desenvolvan actividades agrícolas, gandeiras e forestais.
As bonificacións, que pode ascender ata o 95% da parte da cota integra, precisan da declaración de especial interese e utilidade pública municipal por parte do Pleno da Corporación, previa solicitude dos e das interesados/as.
No pasado pleno de marzo o Grupo Municipal Socialista solicitou, a través dun rogo, unha campaña informativa por parte do Concello, “pasados dous meses e como vemos que nada se fixo, tócanos a nós mover fichar e animar aos interesados/as a que fagan estas solicitudes para poder beneficiarse deste incentivo”, indican desde o PSOE local.
Así mesmo tamén informan que “todo aquel/a que necesite máis información sobre os tramites e formularios tan so ten contactar co Grupo Municipal a través de do enderezo electrónico psoeopino@gmail.com”.