En Arca, O Pino a 19 de marzo de 2019. O pasado venres, día 15 de marzo, o Boletín Oficial da Provincia de A Coruña publicaba as listas definitivas de admitidos/as para o proceso selectivo dunha praza de traballador/a social, vacante no cadro de persoal laboral fixo do Concello de O Pino dende fai máis de dous anos.
Trátase dun procedemento iniciado en marzo de 2017, e que en maio, do mesmo ano, seguía o seu trámite coñecéndose a lista provisional de admitidos/as, e logo despois se mantiña en suspenso, descoñecendo as causas, ata o pasado venres, 15 de marzo, cando se publican as listas definitivas. Feitos, que os socialistas locais critican, “o proceso de selección estivo parado durante dous anos”, e “reactívase á présa e correndo, vistas as formas e o apuro en convocar o tribunal cualificador”, apuntan.
Consideran que a resolución da alcaldía é extemporánea, e nula de de pleno dereito, “falamos dunha vacante no cadro de persoal laboral fixo do Concello de O Pino que data do ano 2017, segue vacante no ano 2019, e pretenden que só poidan optar a mesma os interesados no 2017”. “Permitir isto, é ir en contra do principio de igualdade de trato no acceso ao emprego público, o cal, está garantido na Lei do Estatuto Básico do Empregado Público”, sostén o concelleiro socialista, Óscar Vilar.
Anuncian a interposición dun Recurso Potestativo de Reposición contra o acto ditado polo alcalde, Manuel Taboada, e solicitan a suspensión inmediata do proceso selectivo. Evitando causar prexuízos o interese público e a terceiros de imposible é difícil reparación. Indican que, “o correcto sería abrir un novo procedemento e que todo aquel/a que cumpra cos requisitos poida optar a praza”, “pode darse o caso que, persoas interesadas, no ano 2017, non reuniran requisitos, tipo; titulación académica, e agora, dous anos máis tarde, coa vacante aínda libre, que si os cumpran” apuntan.
Saúdos. Comunicación PsdeG-PSOE O Pino