En Arca, O Pino, a 9 de xaneiro de 2020. O Grupo Municipal Socialista, xunto a os compañeiros/as da Agrupación local, veñen de convocar unha concentración de protesta fronte ao Centro de Saúde de O Pino para este sábado, día 11 de xaneiro, as 12 horas. O obxectivo demandar á Xunta o restablecemento do servizo de pediatría.
Una medida de presión que se suma as xa realizadas polo Grupo Municipal do PSOE de O Pino. Grupo que xa ten solicitado unha sesión plenaria extraordinaria dende o pasado 19 decembro de 2019, “que a día de hoxe segue pendente de notificación de convocatoria, pero que segundo a distinta normativa se terá que celebrar na próxima semana”, indica o PSOE de O Pino.
O servizo pediátrico no Centro de Saúde de O Pino está sen cubrir dende o pasado 4 de novembro de 2019. Data, onde a pediatra titular causou baixa por enfermidade e que pasados máis de dous meses a Consellería de Sanidade aínda non cubriu, “nin ten moita intención de facelo unha vez vistas as respostas recibidas” advirten.
Tamén informan que a única solución que está a dar a Xunta e a de indicarlle ós pais que trasladen aos seus cativos ás consultas de Arzúa e Fontiñas en Santiago. Solución “que non é nova, que pode chegar a entenderse para un momento puntual de ausencias de curto período, pero solución que non podemos admitir como “sine díe” para períodos de media e longa duración como é o actual”.
Animan a todos os veciños/as da contorna a sumarse ó acto de protesta, “estamos reivindicando un dereito de todos e todas, como é o dereito a unha sanidade de calidade no rural, e para iso todos e todas debemos sumarnos e unir forzas co fin de que a Xunta rectifique”, engaden.