En O Pino, a 10 de maio de 2021. O Grupo Municipal Socialista de O Pino, ao igual que a Agrupación Provincial Socialista da Coruña, solicita a recuperación das consultas presenciais en atención primaria, e limitar as consultas telefónicas aos trámites.
Manifestan que, “despois de máis dun ano de pandemia necesitamos ir recuperando pouco a pouco o funcionamento dos Centros de Saúde, e a Xunta ten que poñer a disposición todos os recursos necesarios, garantizando a seguridade dos profesionais como a dos enfermos” indican.
Os socialistas sinalan que a xestión da atención primaria na sanidade pública xa era caótica antes da pandemia, e que desde marzo do ano 2020 a situación desta xestión agravouse exponencialmente ao suspenderse a práctica totalidade das consultas presenciais.
Creen que chegou o momento de ir revertindo esta situación, “unha boa calidade na atención primaria garantízase coa consulta presencial, non co modelo de chamada telefónica, sine díe, instaurado pola Xunta”, afirman.