O Grupo Municipal Socialista, solicita no rexistro do Concello unha nova rectificación ao Alcalde, demandan que as mascarillas hai que repartilas a todos os residentes non só os empadroados.
Informan que todos os concellos galegos están a recibir mascarillas por parte da Xunta, do Goberno Central e, tamén, da Deputación da Coruña, “a Deputación entre hoxe e mañá enviará ao Pino 687 unidades, e nos vindeiros días enviará máis”, informan.
No escrito, rexistrado hoxe no Concello, solicitan novamente unha rectificación ao Alcalde, “a pandemia do Coronavirus non diferencia entre empadroados ou non empadroados, o reparto ten que ser masivo para toda a poboación” indican.
Comunicación PSdeG-PSOE do Pino