Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra
O Pino, a 26 de novembro de 2018. Esta última semana do mes de novembro, o Centro de Saúde de O Pino non contará co servizo de pediatría, segundo informan os socialistas locais, “situación, que se repite todos os anos debido a que o Sergas non cubre as ausencias, nin as baixas, e, todo isto, acaba afectando tanto os cativos de Touro, como os de O Pino, xa que contamos con un servizo compartido”, apuntan.
Dende o PSOE local, demandan que o Alcalde faga as xestións necesarias para que O Pino non sufra este tipo de recortes.
Así mesmo, critican a reposta dada por parte do Sergas, remitindo as familias, nos casos urxentes, con nenos/as menores de dous anos ben a Arzúa, ou a Santiago, e o resto, que sexan atendidos polos outros facultativos do Centro.
As familias solicitan servizo diario en O Pino
O socialistas, afirman que, as familias están cansadas das repetidas carencias, e solicitan que o Centro de Saúde de O Pino debe ter un servizo diario, o contar con cota suficiente para iso.