No pasado mes de novembro o concello do Pino adquiriu diverso material cardio con cargo a unha subvención do PDR 2014-2020 (convocatoria 2018-2019).
Material valorado en 38.000€, e composto por; 5 cintas de correr; 5 elípticas; 5 bicicletas; 2 remos, e tanxible auxiliar.
Equipamento deportivo que está instalado no pavillón municipal do Lameiro desde mediados do mes de novembro de 2019, e que “dous meses máis tarde segue sen estar a disposición da veciñanza”, indican os socialistas.
O PSOE informan que teñen solicitado, desde o pasado decembro, o protocolo de uso, e que seguen á espera de resposta. Critican que se estea a privar do uso desta nova instalación cando o financiamento vén grazas ós fondos europeos, “a este paso as máquinas esgotaran a garantía e seguirán sen estrear”, apuntan.
Tamén indican que todo o mercado a través de subvencións ten unha serie de obrigas para as entidades beneficiarias, “a principal; respectar o destino da inversión, e neste caso xa se está a incumprir”, cousa que lamentan.