O noso equipo, o do PSdeG de O Pino, na pasada campaña das eleccións municipais prometía impulsar a transparencia. Creemos, que todos/as os veciños/as de O Pino teñen dereito a ser informados, e esa información debe incluír aquelas cantidades de diñeiro que o equipo do goberno destina aos distintos servizos, obras, festas, e eventos.
Do mesmo xeito, todos e todas, temos dereito a saber cales foron as empresas adxudicatarias, e cantas se presentaron as distintas licitacións.
Un exercicio de transparencia que deberían practicar os nosos gobernantes, e que, nós, prometemos facer efectivo dentro das nosas posibilidades.
Comezamos informando do custo que tivo a pasada edición da Festa Celta, o custo da Degustación e Comida da Festa do Galo 2019, e, tamén, o Servizo de Organización da Festa dos Maiores 2019 do Concello de O Pino.