Obra financiada pola Deputación de A Coruña con cargo ao Plan Complementario do POS+2018.
A actuación principal e ampliar o ancho de plataforma, 75 centímetros a cada lado, e limpeza de cunetas. Non se prevé a eliminación do tramo de Curvas da Xesteira, aínda que dende o noso Grupo, e, tamén, gran parte dos veciños/as da parroquia de Budiño así o demandaban.
Presentáronse seis licitadores: Arines Obras y Proyectos, S.L., Cosmalca, S.L., Hordescon, S.L., Obras y Viales de Galicia, S.L., Explotaciones Gallegas, S.L., e Marconsa, S.L.
A empresa adxudicataria foi Obras y Viales de Galicia , S.L. (OVIGA), por un importe de 79.820€ (IVE incluído).
Conta con un prazo de execución de 90 días, e a día de hoxe está pendente o inicio das obras.