O pasado venres, 24 de outubro de 2019, o pleno da Deputación da Coruña aprobou, por unha ampla maioría (PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños) as bases reguladoras do Plan Único (POS+2020). O Partido Popular optou pola abstención.
Un plan que conta con unha partida inicial de 47,2 millón de euros a repartir entre os 93 concellos coruñeses. O noso concello, O Pino, ten garantido nesta primeira partida máis de medio millón de euros, concretamente 554.011,46€.
Diñeiro que debe ser destinado, principalmente, as obras e servizos, e que así demandaremos dende o noso grupo, o PSdeG-PSOE de O Pino.
Anunciamos que, moi pronto faremos encontros agrupados por parroquias, para que os veciños/as nos trasladen as súas demandas.
Como xa indicábamos na campaña das municipais ninguén mellor que o veciño/a de cada parroquia coñece as súas necesidades e prioridades. Tamén poñemos a vosa disposición o enderezo electrónico psoeopino@gmail.com, ou o apartado contacto da nosa web, para todo aquel/a que queira poida utilizar este medio.
O prazo para os concellos remata o 19 de decembro, polo tanto, canto antes teñamos as vosas achegas mellor.
Lembrade que, o PSdeG-PSOE de O Pino aposta pola política participativa onde todos e todas teñamos voz.