Os montes das parroquias de San Miguel de Pereira e Arca, no concello coruñés do Pino, a pesar da súa importancia forestal, e pasados de máis de 12 anos desde que se teñen iniciados os estudos de viabilidade e impacto ambiental para a súa reestruturación, como é o caso do monte de San Miguel de Pereira, continúan sen estar ordenados e concentrados.
Montes que teñen como notas características altas taxas de fragmentación, e unha deficiente rede de camiños. Circunstancias, estas, que restan rendibilidade económica a zona e ós propietarios.
Propietarios que levan anos demandando a concentración parcelaria e que ultimamente se están sumando as distintas campañas de recollidas de firmas inicias por colectivos da zona, co propósito de que o Concello as traslade á Concellería do Medio Rural.
O Grupo Socialista quere que toda a Corporación se sume a esta reivindicación da veciñanza, e por todo iso vén de rexistrar unha moción para debater no próximo Pleno ordinario, e onde a parte resolutiva insta á Xunta a reactivación da reestruturación parcelaria do monte de San Miguel de Pereira, e o inicio do estudo de viabilidade do monte de Arca