Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar, “son máis do mesmo”
O Pino, a 19 de decembro de 2018. O pleno do Concello de O Pino aprobou hoxe na súa última sesión do ano unha moción impulsada polos socialistas, xunto co BNG, instando á corporación municipal a presentar novas alegacións ao proxecto da mina.
O alcalde do PP, Manuel Taboada, comprometeuse a realizar as alegacións unha vez que reciba todas ás contestacións ao informe municipal, que terá que remitir a Xunta de Galicia a través da Consellería de Industria.
No pleno, o Partido Popular aprobou en solitario os orzamentos para o exercicio 2019 e as obras do POS da Deputación da Coruña, contando, neste último punto, co voto favorable do BNG e a abstención do PSdeG-PSOE.
Óscar Vilar, voceiro dos socialistas de O Pino, considera que as contas presentadas “son máis do mesmo”, e preguntoulle o alcalde “onde está ese millón de euros para o CPI que vostede prometeu en campaña”.
Ademais, os socialistas lamentan que “figure unha partida económica máis grande para festas que para educación, motivo máis que suficiente para votar non a estes orzamentos”.
En relación ás obras con cargo o POS+2019, o socialista criticou que Taboada adique a gasto corrente un 46{aa6537c703b6c30caa362308c8b4ad8495c0e99514832d240f0eb4de4b14d82c} do total, e lembroulle que o PSOE presentou varias propostas e todas foron rexeitadas.
Finalmente, o PSdeG-PSOE de O Pino optou pola abstención argumentando que todas as obras son necesarias, “aínda que de seguro o noso grupo priorizaría os fondos para aquelas máis necesarias”.
Vilar tamén aproveitou esta última sesión plenaria do ano para rogarlle o alcalde que, antes de que remate a lexislatura, traía para o seu debate e aprobación un regulamento de participación cidadá, dando así voz a cidadanía nos plenos, un asunto que Taboada comprometeuse a estudar.
Saúdos, Comunicación PSdeG O Pino