O Concello do Pino vén de instalar a primeira marquesiña do transporte metropolitano no núcleo urbano de Pedrouzo. Un modelo de marquesiña que non se corresponde co actual modelo que ten a Xunta de Galicia, e que corresponde ao modelo tipo do ano 2011.
Feitos que critican desde o Grupo Municipal Socialista, “pasaron catro anos desde que o noso Grupo rogou no Pleno a instalación de marquesiñas no núcleo urbano, e agora resulta que instalan o modelo de marquesiña do ano 2011”, critican.
Desde o PSOE manifestan que, “o Concello do Pino ou ben quixo aproveitar o Black Friday, ou ben que dita marquesiña leva anos almacenada en dependencias municipais, feitos estes últimos que lamentamos”, afirman.
Anuncian que na vindeira sesión plenaria preguntaran por este asunto, e tamén preguntaran cales son os motivos que alega o Concello do Pino para non instalar o modelo actual de marquesiña que ten aprobado a Xunta de Galicia.