O Concello de O Pino vese obrigado a suspender a contratación do Servizo de Axuda do Fogar debido a que os pregos/bases de contratación non garanten os custes nin as normas salariais. Todo isto segundo o que manifesta a entidade recorrente no escrito presentado ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGal).
O recurso foi presentado pola Asociación Galega de Empresas de Axuda no Fogar (AGESAF), alegando que as magnitudes económicas que se estipulan “non responden ao prezo do mercado nin inclúen os custes salariais derivados do Convenio Colectivo de aplicación, nin as normas laborais de obrigada observancia”.
Tras este recurso especial en materia de contratación o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia ditou unha resolución, de data 12 de xaneiro, obrigando a suspensión da contratación do servizo de axuda no fogar do Concello de O Pino, tal como solicitou no seu escrito de recurso a entidade recorrente. Suspensión que terá que ser ratificada en se- sión plenaria fixada para o mércores 18 de xaneiro.
O PSdeG do Pino, a través do seu voceiro Óscar Vilar, mantivo unha postura crítica ante magnitudes económicas estipuladas no contrato, dubidando que as cantidades garantisen os dereitos laborais das traballadoras, e así o manifestou na sesión plenaria celebrada o pasado 13 de decembro, cando se aprobou, cos votos a favor do PP e BNG do Pino, o expediente de contratación do “Servizo de Axuda no Fogar do Concello do Pino”. “O que nós dixemos no Pleno o está a dicir agora a entidade AGESAF, por algo será” indica o voceiro socialista do Pino, Óscar Vilar.