Grazas a todas estas mulleres de O Pino, o alumnado de 5º e 6º de primaria, xunto co de 1º e 2º da ESO do CPI Camiño de Santiago poderán visualizar o documental “Murmurios de Silencio“. Actividade que está programada para o vindeiro martes 26 de novembro.
Un traballo que recolle o testemuño de dez mulleres vítimas da violencia de xénero, onde relatan de primeira man como viron truncadas ás súas vidas por mor desta problemática social.
Agradecemos de primeira man ó Concello de O Pino e ao equipo directivo do CPI Camiño de Santiago por facer posible a proxección deste documental. Así como, á Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (ASDECOMOR), ó Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes por promover este proxecto, e, sobre todo, a mestra e ex-alumna do CPI Camiño de Santiago, Raquel Cutrín Santos. Xa que, esta última, será a encargada de coordinar unha serie de actividades en relación coa proxección do documental.