En Arca, O Pino, a 18 de decembro de 2019. O Grupo Municipal Socialistas de O Pino coñece, a través da web do Concello, que hoxe, mércores 18 de decembro, se celebrou unha sesión plenaria, cando as concelleiras e concelleiro do Grupo Socialista non foron notificadas/o de tal celebración.
Tras estes feitos, veñen de rexistrar unha petición de NULIDADE do mesmo, manifestan que o Alcalde de O Pino volve a mostrar, unha vez máis, o seu autoritarismo, “non nos facilita a información, a estas alturas do mandato non dispoñemos de ningunha acta das Xuntas de Goberno Local, non responde ás distintas solicitudes, e agora tampouco nos notifica para os plenos, esta, é a súa carta de presentación”, apuntan.
Por outra banda, tachan de machista ao Alcalde, “a escusa que utiliza para xustificar a ausencia de todo o Grupo Socialista, ademais de ser falsa, e totalmente machista”. “O noso Grupo está formado por tres persoas, onde as concelleiras, Inka e Noris, somos independentes e non recibimos ordes de ningún partido político. Non asistimos, posto que non recibimos ningunha notificación, e todo isto, o advertimos mediante rexistro o pasado sábado” indican as concelleiras.
Saudos, Comunicación PsdeG-PSOE de O Pino