Os Socialistas de O Pino veñen de ter constancia que o alcalde popular, Manuel Taboada, non trasladou de maneira formal o último acordo plenario onde se solicitaba colaboración á Fomento (Demarcación de Estradas), para ampliar e arranxar a vía de saída, N.º 77 da autovía A-54, cara Cerceda e Touro.
Unha vía que se atopa nun estado lamentable, co firme totalmente roto e que supón un grave risco para a circulación. Unha estrada de pouco máis de un quilómetro de titularidade municipal e que o arranxo da mesma ronda os 100.000€. Arranxo demandado en varias ocasión polos Socialistas locais. Afirman, que o custo da obra é asumible e non suporía ningún quebranto da facenda local “O Pino conta con un orzamento anual preto aos 4 millóns de euros, é os 100.000€ equivale a un 2.5% do presuposto”.
Así mesmo, dende o PSOE, critican o desleixo que está a manter o Alcalde con este asunto, “os feitos deixan claro que a súa preocupación é nula”, “non solicitou colaboración, e ao menos tivera a sensibilidade de sinalizar a estrada co fin de advertir os usuarios namentres non se amaña”, apuntan.
Pola contra, o consistorio de Touro si trasladou a petición a Fomento, e, tamén, ao Concello de O Pino. Recibindo reposta do primeiro. Onde, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, responde que os accesos son de titularidade municipal e corresponde ao Concello de O Pino mellorar e arranxar a vía.
Os Socialistas de O Pino demandarán no próximo pleno, unha vez máis, o arranxo inmediato da vía, sinalización de advertencia, e, tamén, solicitarán ao alcalde popular de Touro, Ignacio Codesido, que dialogue co Alcalde de O Pino, “a ver se como colegas de partido ten máis sorte que nós”.