Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia de Budiño ata o límite con Oroso
Unha estrada que proximamente se ampliará con cargo aos fondos do “Plan Único” da Deputación da Coruña, pero que o actual proxecto non contempla esa mellora
O Pino, a 11 de novembro de 2018. A principal vía que atravesa a parroquia de Budiño no concello de O Pino, a que vai dende a N-634 ata o límite co concello de Oroso, contará con máis ancho de superficie pavimentada, 0,75 metros a ambos lados da actual plataforma e unha mellora no seu drenaxe gazas a limpeza de gabias e salvagabias.
Obra que financiará a Deputación da Coruña con cargo o POS+2018 (Complementario), e que conta con un orzamento de 197.857,29€.
Un proxecto que aínda está pendente de execución, e, o cal, non contempla a eliminación do trazado sinuoso das “Curvas do Fondo da Xesteira”. Motivo, que leva o PSOE local a solicitar a modificación da obra.
O PSOE demanda eliminar as curvas
Os socialistas, creen que o Concello cometeu un gran erro no deseño da obra, o non figurar como prioridade a eliminación do tramo máis perigoso. Por iso, consideran necesario que antes de sacar a concurso as obras se debe modificar o proxecto, “hai que deseñar un novo trazado que elimine ese tramo de curvas, o custo é mínimo, e debemos apostar pola máxima seguridade viaria”, afirma o voceiro do Grupo Socialista, Óscar Vilar. Tamén asegura, que a Deputación, ente que financia, dará o visto bo a tal modificación.
Anuncian que, levarán este asunto, vía moción, o próximo pleno ordinario, e esperan que salga adiante, “xa que falamos dunha vella demanda da gran maioría dos veciños/as da parroquia de Budiño”, apuntan.