Veciños e veciñas, días atrás puidestes ler na prensa que o Orzamento do Concello do Pino se aprobaba, no ultimo pleno ordinario do ano 2020, co voto favorable do PP e abstención do BNG de O Pino. O noso Grupo, o PSdeG-PSOE votou NON polo seguinte:
Elaborase o Orzamento pensando só en farolas e asfalto.
O Orzamento 2021 non soluciona a un dos graves problemas que temos no Pino; a falta de chan industrial.
Iniciativas inovadoras, igual a CERO.
O Orzamento non detalla o alcance dos investimento reais para o ano 2021. Tampouco pensa nos sectores que máis se están a ver castigados por mor da pandemia.
O Orzamento non debe ser nunca un copia e pega do orzamento do exercicio anterior.
De nada serve aprobar un orzamento se ao final non se executan os investimento reais, nin as partidas máis importantes.
Ningún Grupo Político dos que forma a Corporación, por moito alarde que faga da súa maioría, é dono da verdade absoluta.
O Alcalde presume do aumento na partida do Gasto Social, cando isto é un mérito da Deputación da da Coruña que obriga a destinar parte do POS+2021 a este cometido.
O Orzamento aprobado seguirá a “despilfarrar” recursos públicos pagando soldos aos amigos do Alcalde.
Este Orzamento seguirá situando ao Concello do Pino nos concellos do furgón de cola de toda a Comarca de Compostela.
Por último, o noso Grupo non vai ser cómplice da política de Taboada. Resumindo este Orzamento é máis do mesmo.