Os Socialistas do Pino denuncian o “penoso” estado no que se atopa o Campo de Fútbol do Lameiro en Arca. Un campo de herba natural, financiado, no seu día, pola Deputación, e, cuxo proxecto gañara o Concurso de Ideas para Campos de Fútbol convocado polo ente provincial.
Instalación deportiva que actualmente presenta un total estado de abandono, “vestiarios, cafetería, almacéns e instalacións todas esnaquizadas”, “da pena ver como instalacións deportivas que poderían ter outros usos están totalmente abandonadas, e pouco o nada preocupan ó Alcalde, visto o estado no que se atopan” lamentan dende o PSOE local.
Indican que, “esta é unha proba máis da nula xestión do Partido Popular, so pensan en ladrillo para sacar a foto, e pouco o nada importa a utilidade posterior”