O Grupo Municipal Socialista, a través de rexistro, lémbralle ao Alcalde que a Lei 7/1995, reguladora das bases de réxime local vén de ser modificada polo Consello de Ministros, co obxecto de que se garanta o funcionamento democrático das entidades locais.
Modificación que foi traslada a todos os concellos e deputacións, o pasado 4 de abril, por parte do Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.
Comunicación que pon de manifesto a importancia da actividade das entidades locais a todos os niveis no momento actual, e que comparten os Socialistas do Pino, “agora máis que nunca é cando hai que tomar decisións, convocar os plenos que sexan necesarios co fin de tratar os asuntos pendentes, e aprobar todas aquelas iniciativas a prol da nosa veciñanza. A pandemia do Coronavirus non pode servir de escusa para ter todo paralizado, agora hai que poñer en valor o debate, o entendemento e a democracia”, afirman dende o PSOE local.
Tamén indican que o Concello dispón dos medios telemáticos necesarios para este fin, “o Concello dispón dos medios, e así o certifica o último vídeo do Alcalde gravado desde o Salón de Plenos”.