O socialista defende un programa electoral “ambicioso, crible e viable, nunca prometer imposibles”
Os militantes da agrupación socialista de O Pino elixiron por unanimidade na asemblea a Óscar Vilar Chento candidato á alcaldía do concello.
Vilar defende un programa electoral «ambicioso, crible e viable, nunca prometer imposibles». O candidato do PSdeG mantivo unha reunión de traballo co secretario xeral dos socialistas da provincia, Valentín González Formoso, para explicarlle o seu proxecto.
Recoñece que, calquera compañeiro ou compañeira podería ser cabeza de cartel, «ninguén é máis que ninguén», agradece que a agrupación local recoñeza a súa adicación e traballo o longo deste últimos catro anos.
Neste momento, Óscar Vilar, traballa, xunto a executiva local, na elaboración da lista. Apostará por xente comprometida polo concello e apunta que «para facer política local non é necesario ningún carné, tan só necesitamos xente que aposte por mudar as cousas, que aposte por uns mellores servizos públicos, que defenda o noso medio e as nosas fontes de riqueza ligados o sector forestal, agrogandeiro, comercio, e como non, o turístico relacionado co Camiño de Santiago».