Preguntas do Grupo Municipal PSdeG-PSOE, para a sesión plenaria ordinaria a celebrar o 27 de marzo de 2019 no Concello de O Pino
D. Óscar Vilar Chento, como voceiro do grupo municipal PSdeG-PSOE de O Pino, EXPÓN:
Primeiro: Na sesión plenaria do 26 de setembro de 2018, eu, formuleille varias preguntas, e sobre varios temas. Vostede, Sr. Alcalde, negouse a responder as mesmas, utilizando como escusa o Regulamento Interno do Concello de O Pino. Comprometíase, por aquel entón, a entregarme as contestacións por escrito antes da sesión plenaria de decembro. Celebrada a sesión de decembro, utilizou o pretexto da problemática coa antiga Secretaria.
En virtude do conxunto de circunstancias expostas, realizamos a seguinte PREGUNTA:
Hoxe, medio ano despois, están redactadas as respostas a cada unha da preguntas formuladas?
Segundo: O 15 de marzo, o BOP da provincia, publicaba as listas definitivas de admitidos para a selección dun traballador/a social, para cubrir esta vacante no cadro de persoal laboral fixo do Concello de O Pino, tras resolución da Alcaldía.
Coñecida a resolución, este concelleiro presentou un Recurso Potestativo de Reposición, solicitando a nulidade do acto por extemporáneo, e, tamén, por entender que lesiona dereitos e liberdades susceptibles do amparo do constitucional. Así mesmo, solicitaba a suspensión inmediata do procedemento, para evitar prexuízos de imposible é difícil reparación.
En virtude do conxunto de circunstancias expostas, realizamos as seguintes PREGUNTAS:
En que fase se atopa, hoxe día 27 de marzo, o proceso selectivo? Procedeu a suspensión do mesmo, namentres non se resolve o recurso?
Terceiro: Está próxima a inauguración do tramo da A54 Lavacolla-Arzúa. Unha vía de alta capacidade que conta con un enlace co núcleo urbano de Pedrouzo-Arca a través da Rúa do Concello e da Rúa dos Mollados. Esta última, ten unha conexión coa Avenida de Santiago (N547), con pouca visibilidade e forma unha especie de “cuello de botella” cos conseguintes atascos.
Sabemos, que o Plan Xeral estipula unha vía alternativa para enlacer a A54 coa Avenida de Santiago (N547)
En virtude do conxunto de circunstancias expostas, realizamos as seguintes PREGUNTAS:
Dende o equipo de Goberno estase a traballar nesta alternativa? En caso afirmativo, de que prazos estamos a falar? E que custo tería?
Cuarto: O Pleno do Concello de O Pino, en sesión ordinaria celebarada o día 27 de decembro de 2017, tras petición do Grupo PSdeG-PSOE, aprobaba a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles, en relación ao tipo de gravame aplicable aos bens de natureza rústica, pasando, este, do 0,45{aa6537c703b6c30caa362308c8b4ad8495c0e99514832d240f0eb4de4b14d82c} ao 0,30{aa6537c703b6c30caa362308c8b4ad8495c0e99514832d240f0eb4de4b14d82c}.
Modificación, que se publicaba de forma inicial no BOP da provincia número 62, con data 3 de abril de 2018, pero figura pendente de publicación a aprobación definitiva.
En virtude do conxunto de circunstancias expostas, realizamos a seguinte PREGUNTA:
A que se debe que, aínda, figure pendente a publicación definitiva da Ordenanza fiscal?
Quinto: Que con data 02/05/2018, este concelleiro, xunto co compañeiro do BNG, presentaron no Concello de O Pino solicitude de expediente sancionador a Cobre San Rafael S.L., e reposición á legalidade dos danos producidos en bens de titularidade municipal, alegando que “…calquera actividade de estudo, sondaxe, tránsito de maquinaria etc., en vías municipais, e incluso fincas privadas necesita autorización municipal previa...”.
Comezaba así un longo procedemento, onde a empresa denunciada polo feitos, presentaba varias alegacións. Alegacións, todas elas desestimadas nos informes xurídicos encargados polo Concello de O Pino.
En virtude do conxunto de circunstancias expostas, realizamos a seguinte PREGUNTA:
Con varios informes xurídicos, e todos eles contundentes, que non deixan lugar a dúbidas do proceder da empresa Cobre San Rafael, S.L. cando, o órgano competente deste concello, vai ditar a resolución definitiva, que poña fin a vía administrativa, independentemente do procedemento trasladado á APLU?