A Deputación da Coruña publicou hoxe no BOP a resolución pola que se aproba a concesión definitiva das subvencións correspondentes ao Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña, PEL-Reactiva.
O reparto dos fondos deste plan aos concellos realizase de forma absolutamente obxectiva, baseándose no número de autónomos/as e microempresas de cada municipio.
O Pino recibe do ente provincial 62.773,30€, cantidade que poderá ser incrementada con fondos propios tal como vai solicitar nun pleno extraordinario o PSdeG-PSOE do Pino.
A partir da vindeira semana, serán os concellos adheridos ao plan os que pasen a canalizar todas as solicitudes do seu tecido empresarial.
Nos 5 días hábiles seguintes a á publicación da resolución de asignación de fondos de hoxe, 28 de outubro de 2020, o Concello de O Pino deberán remitir a súa convocatoria específica de axudas á Base de Datos Nacional de Subvencións para rexistrala e publicala no BOP.
Ao día seguinte da publicación da convocatoria no BOP, os autónomos/as e microempresas con domicilio fiscal no Pino poderán solicitar directamente as axudas, que se rexistrarán de xeito telemático a través da Sede Electrónica municipal https://opino.sedelectronica.gal/info.1
Esta axuda da liña PEL-Reactiva poderán solicitalas os autónomos, autónomas e microempresas que se viran afectadas polo peche do negocio durante o estado de alarma, así coma aquelas que viran reducida a súa facturación en máis dun 75% ou se acolleran a un ERTE como consecuencia da situación de crise sanitaria orixinada pola COVID-19.
A subvención, compatibles con outras prestacións municipais, oscilarán entre os 1.500 euros para traballadores por conta propia sen traballadores ao seu cargo e os e os 3.000 euros aos que poden optar as microempresas e autónomos/as que conten cun cadro de persoal de entre 6 e 9 traballadores/as.
Os fondos poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da pandemia como pode ser a compra de mamparas de protección, a adquisición de produtos hixiénicos e de limpeza, material antiséptico ou desinfectante, así como a gastos correntes de subministracións de auga, luz, gas, etc.
O prazo de solicitude destas axudas por parte das microempresas e profesionais autónomos iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación no BOP da convocatoria específica de axudas de cada concello e finalizará ás 14:00 horas do día 25 de novembro de 2020.