En O Pino, a 12 de febreiro de 2021. O voceiro do PSdeG, Óscar Vilar, e o voceiro do BNG, José Luis Vidal, veñen de rexistrar un escrito demandando a posta en marcha do Plan de Rescate da hostalería local.
Plan aprobado, por unanimidade, na sesión plenaria do pasado 20 de novembro e que conta con unha partida de 90.000€ en axudas directas. Axudas que irán destinadas, entre outros, para os bares, cafeterías, e hoteis locais.
No escrito, tanto o Grupo do PSdeG como o do BNG do Pino, lémbranlle ao popular Manuel Taboada que o compromiso adquirido era facer efectivas estas axudas como máis tardar no mes de decembro, e que xa pasou decembro e xaneiro e nada se ten avanzado no asunto. Tamén poñen de manifesto as dificultades que están a pasar moitos veciños e veciñas que rexentan este tipo de negocios, “por mor das restricións, seguen sen dispoñer de ingresos, e necesitan canto antes ter a súa disposición as axudas”, indican.
Solicitan que se redacten, “sen máis dilación” as bases, se realicen o trámites, e se publique a convocatoria de axudas.
Saúdos.