En O Pino, a 26 de novembro de 2020. Esta semana a empresa adxudicataria da obras de mellora na estrada local que vai desde a N634 ao límite co Concello de Oroso, e que cruza a parroquia de Budiño, vén de rematar os traballos de pavimentación, quedando pendentes tan só as labores de sinalización vertical e horizontal.
Obras que son financiadas integramente pola Deputación da Coruña, e que consistiron nunha ampliación da plataforma a ambos marxes de 75 centímetros, melloras na drenaxe, limpeza de gabias, pavimentación final e sinalización.
O importe total das obras ascende a 355.580€, dos cales 192.060€ foron con cargo ao Plan Complementario do POS+2018, e o s restantes 163.520E con cargo ao POS+ 2019.
O PSOE local agradece o investimento da Deputación da Coruña e informa que o atraso na execución das obra foi debido a unha mala redacción dos proxectos por parte do Concello de O Pino. Así mesmo, tamén lamenta que o equipo de Goberno do Pino non aproveitase estas obras para tratar de corrixir, en parte, o trazado das denominadas Curvas da Xesteira.
Comunicación PSdeG-PSOE de O Pino