O ALCALDE DO PINO CADA VEZ QUE ABRE A BOCA MINTE
No último Pleno preguntamos cales eran os motivos da paralización da obra da colocación da Cuberta do Parque Infantil de Forcarei. Obra que financia a Deputación da Coruña, e que leva máis de noves meses paralizada.
POIS BEN, XA TEMOS DÚAS VERSIÓNS
- Esta, era a segunda vez que preguntamos por dito asunto. A primeira vez o fixo o noso voceiro de modo informal, é dicir, sen ser no Pleno. A reposta foi a seguinte: que “o Director de Obra -nunha suposta visita á obra e ao taller que constrúe a estrutura metálica-, detectou que os traballos realizados non se correspondían co prego de condicións, e polo tanto dera orde de corrixir as irregularidades“.
- A segunda resposta, tamén por parte do Alcalde, pero desta vez no Salón de Plenos, que “a empresa paralizara a obra debido ao custo que tiveron os materiais que se utilizan en obra civil”. Tamén indicou, que “a data límite, dada á empresa, para reiniciar os traballos é o 15 de outubro de 2021, e, que no suposto caso de que ese día non se teñan reiniciado procederán a rescindirlle o contrato“.
Esperaremos a ver que pasa o día 15. Vixiaremos a execución da mesma, e tampouco nos sorprenderá unha nova versión dos Populares do Pino e de Taboada, XA OS COÑECEMOS.