En Arca, O Pino a 19 de decembro de 2019. As concelleiras do Grupo PSdeG-PSOE de O Pino, Inka Lareo e Noris Núñez, xunto co voceiro do Grupo, Óscar Vilar, veñen de rexistrar a petición de sesión plenaria extraordinaria para tratar, entre outros, o peche “de facto” do servizo de pediatría no Centro de Saúde de O Pino. Un servizo que está sen cubrir dende o pasado día 4 de novembro.
O PSOE de O Pino levará para o debate, e posterior votación, unha moción conxunta instando á Xunta de Galicia que de maneira urxente solucione o problema da carencia do servizo de pediatría no Centro de Saúde de O Pino. Servizo pechado “de facto” dende o pasado 4 de novembro.