O PSOE DO PINO SOLICITA A DEVOLUCIÓN DAS TAXAS AO PEQUENO COMERCIO E HOSTALERÍA LOCAL.
DEMANDAN UN EXPEDIENTE ÚNICO E QUE SE PROCEDA A DEVOLUCIÓN DE FORMA AUTOMÁTICA.
En O Pino, a 20 de febreiro de 2020. O Grupo Municipal Socialista do Pino vén de rexistrar unha moción onde reclaman que se proceda a devolución da taxa da recollida do lixo ao pequeno comercio e hostalería local.
Demandan que se emita un expediente/acto único para proceder a devolución da parte proporcional do servizo que non se prestou, durante o ano 2020, por mor das distintas restricións sanitarias. E que, este acto, se aplique de forma automática, suprimindo as solicitudes individuais por parte de cada suxeito pasivo.
“Nestes casos, o máis lóxico é aplicar un procedemento global, tipo decreto, para que funcione de maneira áxil e eficaz, evitando máis papeleo e trámites aos autónomos/as e empresarios/as”, sinalan desde o PSOE do Pino.
Os Socialistas tamén indican que, “este mesmo procedemento se deberá levar a cabo no exercicio 2021 debido á falta de iniciativa do goberno local”, “o Alcalde, e o seu equipo, non foron capaces de traer ao Pleno a modificación de ningunha ordenanza fiscal, co obxecto de aprobar os disintos tipos de bonificacións que permite a lei. Actúan sempre tarde, mal e arrastro, e o único que saben facer é vender fume“, critican.