O Grupo Municipal Socialista do Pino vén de solicitar no rexistro do Concello do Pino a devolución da parte proporcional das cotas das actividades deportivas de escolares e adultos do curso 2019-2020.
Actividades que tras a declaración do estado de alarma, o pasado 14 de marzo, quedaron interrompidas e sen desenvolverse nos meses de marzo, abril e maio.
O PSOE do Pino indica no escrito dirixido ao Alcalde que, “os inscritos en ditas actividades abonan a cota anual no momento da inscrición, normalmente en setembro ou outubro, e a causa da suspensión é extraordinaria e non pode ser imputable aos participantes nas mesmas”.
Así mesmo, demandan que se poña á disposición de todos aqueles interesados/as un escrito-formulario para que poidan solicitar a devolución, e que o mesmo conteña un apartado para indicar o número de conta para o posterior abono.