O Grupo Municipal Socialista vén de solicitar ao Alcalde de O Pino un novo período de inscricións para as escolas de verán 2021. Afirman que moitas das familias interesadas, neste programa de conciliación, nin se decataron da nova debido á pouca publicidade que se lle dou a este servizo, e ao escaso marxe de tempo facilitado para as inscricións.
Na solicitude demandan que non se limiten as prazas, “se a intención é prestar un servizo ás familias para que poidan conciliar, non podemos comezar xa poñendo límites nas prazas, e haberá que organizar os grupos que sexan necesarios”, afirman desde o PSOE local.
Tamén critican o escaso marxe de tempo que se lle concede as familias para que abonen a taxa correspondente a este servizo, “tan só tres días, é unha mágoa que esa dilixencia que esixe o Alcalde á veciñanza á hora de pagar as taxas non a practique o Concello cando lle toca abonar as poucas axudas que concede”, indica o voceiro do Grupo, Óscar Vilar.