Os Socialistas do Pino veñen de rexistrar unha iniciativa onde solicitan ao Concello un servizo de impresión de traballos escolares, e posterior entrega a domicilio para todas aquelas familias que o precisen.
Un servizo que, segundo solicitan, se tería que manter operativo namentres non se retoma a actividade lectiva.
O PSOE local indica que a iniciativa proposta xa está posta en marcha en algún municipio galego, “buscamos dar unha resposta a todos aqueles pais que non dispoñen de medios para descargar e imprimir os traballos escolares, e por outro lado estaríamos apoiando a todo alumnado, sen deixar a ninguén atrás, e, tamén, colaboraríamos co centro educativo”
Creen que o confinamento que está a provocar a pandemia do COVID-19 debería afectar ao mínimo a actividade académica, e por todo iso esperan que a solicitude sexa tida en conta polo Goberno local canto antes.