En Arca, O Pino, a 16 de marzo de 2019. O PSOE de O Pino, atendendo a varias demandas da veciñanza, solicitará na vindeira sesión plenaria que se dote a pista de Pádel de Arca dunha cuberta. Facilitando, que a instalación se poida usar todos os dias do ano, independentemente do tempo que faga, e axudando a conservala en perfecto estado.
A pista de Pádel de Arca está situada no lugar do Lameiro, xusto ao lado do pavillón e a piscina municipal. É unha instalación de recente creación, pero o estar o aire libre a climatoloxía impide que se poida usar a diario, sobre todo, nos días de choiva, e incluso no verán con alta incidencia do sol, dadas as características deste deporte. Circunstancias, estas últimas, que lle transmitiron, varios afeccionados/as ó pádel residentes en O Pino, ao concelleiro socialista, Óscar Vilar, os cales, se ven obrigados a desprazarse a concellos limítrofes para adestrar e xogar .
Vilar, unha vez estudada a proposta, considera a obra asumible e de pouco custo, manifesta que, “dotar a instalación dunha cuberta consigue tres obxectivos; mellórase a calidade dos servizos para os veciños/as, axuda a que a propia pista non se deteriore polo paso do tempo, é, tamén, que a nosa veciñanza non teña que desprazarse para practicar deporte”.
Por todo iso, espera que iniciativa, vía moción, conte co apoio de todos os grupos, e que a pista, nun breve período de tempo, estea cuberta.
Saúdos. Comunicación PSOE de O Pino.