O Grupo Municipal Socialista do Pino vén de solicitar por rexistro unha reunión co Alcalde co obxecto de coñecer, antes do Pleno, as obras que presentará o equipo de goberno, e se é posible, que este, acepte algún dos proxectos que propoña a oposición. Proxectos e obras que irán con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña anualidade 2022 (POS+2022).
O Concello de O Pino conta con unha asignación inicial de 457.570 euros, dos cales 83.256 euros terán que ir destinados a gastos sociais.
O prazo para a presentación de solicitudes iniciouse o luns 13 de decembro de 2021 e remata o venres 11 de febreiro de 2022.