O Grupo Municipal PSdeG de O Pino vén de rexistra unha solicitude ao Alcalde de O Pino, o popular, Manuel Taboada para tratar o Plan de Obras e Servizos (Plan Único concellos), da Deputación da Coruña
Reunión que ten como fin, tratar, entre todos os Grupos que forman a Corporación, os proxectos de obras e servizos que terá que solicitar o Concello de O Pino á Deputación da Coruña antes do vindeiro 19 de decembro de 2019.
Proxectos que, tamén, terán que ser sometidos ao debate do Pleno municipal e posterior votación.
O Grupo municipal Socialista, con esta solicitude, busca que todos os proxectos reciban o máximo consenso por parte de todos os concelleiros/as, xa que todos/as os concelleiros/as representan a veciñanza do concello coruñés de O Pino