No último pleno do concello de O Pino, celebrado o pasado día 30 de setembro de 2019, o Partido Popular volveu a rexeitar a moción presentada polo PSOE local. Moción que solicitaba establecer bonificacións do 90% da cota integra para todas aquelas explotacións agrícolas, gandeiras, e forestais, e, tamén, bonificacións no IBI urbano para as familias numerosas.
No debate sobre este asunto o alcalde popular, Manuel Taboada, rexeitaba a moción, e “a renglón seguido” di que “están de acordo, pero que van votar en contra da mesma” indicaba.
Así mesmo, comprometíase a traer as bonificacións para a próxima sesión plenaria extraordinaria de outubro, ou novembro.
Dende o Grupo Socialista sinalan que “estes feitos demostran un nulo compromiso do PP co rural, e coas familias máis necesitadas”. Tamén informan que volverán a solicitar as veces que faga falta as devanditas bonificacións.