O candidato do PsdeG-PSOE de O Pino organizou este encontro que tivo lugar, en Madrid, na sede do Ministerio para a Transición Ecolóxica
Encontro, onde o Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, era informado de toda a problemática ambiental que están a vivir os concellos coruñeses de Touro e O Pino tras o peche da antiga mina.
Durante a audiencia, de aproximadamente unha hora, Morán puido coñecer máis detalladamente os problemas de verteduras á rede hidrográfica sen a preceptiva autorización de Augas de Galicia, a drenaxe aceda causada polos mesmos ou a posible contaminación dos ríos por metais pesados, así como as súas consecuencias para o río Ulla e a Ría de Arousa, que se agravarían aínda máis en caso de apertura dunha nova explotación mineira.
O Secretario de Estado mostrouse interesado en estudar pormenorizadamente toda a documentación achegada, tanto a relativa ao novo proxecto como a referida a todas as actividades anteriores e actuais levadas a cabo nos terreos da mina. Así mesmo, comprometeuse a actuar en consecuencia, dentro do marco competencias do Estado na materia.