Candidato

Vilar e a plataforma veciñal “Mina Touro-O Pino Non” reúnense co Sº de Estado de Medio Ambiente Hugo Morán

O candidato do PsdeG-PSOE de O Pino organizou este encontro que tivo lugar, en Madrid, na sede do Ministerio para a Transición Ecolóxica

Encontro, onde o Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, era informado de toda a problemática ambiental que están a vivir os concellos coruñeses de Touro e O Pino tras o peche da antiga mina.

Durante a audiencia, de aproximadamente unha hora, Morán puido coñecer máis detalladamente os problemas de verteduras á rede hidrográfica sen a preceptiva autorización de Augas de Galicia, a drenaxe aceda causada polos mesmos ou a posible contaminación dos ríos por metais pesados, así como as súas consecuencias para o río Ulla e a Ría de Arousa, que se agravarían aínda máis en caso de apertura dunha nova explotación mineira.

O Secretario de Estado mostrouse interesado en estudar pormenorizadamente toda a documentación achegada, tanto a relativa ao novo proxecto como a referida a todas as actividades anteriores e actuais levadas a cabo nos terreos da mina. Así mesmo, comprometeuse a actuar en consecuencia, dentro do marco competencias do Estado na materia.

Compartir
Publicado por
Administrador

Últimas novas

O PSOE de O Pino rexistra as súas propostas para o POS+ 2019

O Concello de O Pino ten asignados 663.370,24€, cantidade que se verá aumentada coas achegas…

06/11/2018

O PSOE de O Pino solicita eliminar as “Curvas da Xesteira”

Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia…

11/11/2018

700.000€. Importe, que demanda o PSOE de O Pino vía emendas aos orzamentos da Xunta

Solicitan partidas para o EDAR, CPI Camiño de Santiago e Concentración Parcelaria Gonzar II En…

24/11/2018

Denuncian as repetidas carencias no servizo de pediatría do Centro de Saúde de O Pino

Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra O Pino, a 26…

26/11/2018

Toda a oposición de O Pino solicitará ao Alcalde presentar novas alegacións á Mina

Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello…

17/12/2018

O Concello de O Pino presentará novas alegacións ao proxecto da Mina tras aprobar en Pleno unha moción impulsada polos Socialistas

Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar,…

19/12/2018