Novas

Alegacións ao proxecto da drenaxe integral da antiga Mina de Touro-O Pino

➡️ O PSOE de Touro e O Pino presentan alegacións ao proxecto da drenaxe integral da antiga Mina de Touro-O Pino

➡️ Consideran que o proxecto promovido por Explotaciónes Gallegas, S.L. “é un proxecto low cost, que carece de rigor técnico e escatima a inversión”

➡️ Critican que a parte máis importante, a planta de tratamento de auga, figure vinculada a unha futura concesión de explotación mineira, “isto non o podemos admitir, a contaminación que levamos padecendo durante os últimos 30 anos hai que erradicala si ou si”, indican.

Os Grupos municipais do PSOE de Touro e O Pino veñen de presentar alegacións en Augas de Galicia ao proxecto de drenaxe integral da antiga mina. Proxecto presentado por Explotacións Gallegas, S.L., tras varios requirimentos da Xunta de Galicia, e que acaba de estar sometido a exposición pública.

Ambos Grupos, despois de estudar o proxecto e solicitada a opinión a expertos, consideran que o documento “carece de rigor técnico”, “cando se fala dun proxecto de drenaxe integral, a solución ao problema medioambiental non pode estar fundamentado en métodos experimentais, e moito menos ter como obxecto outro tipos de accións”. Manifestan que as solucións teñen que estar contrastadas cientificamente, denunciando que non admitiran solucións “low cost” como a que se propón, por exemplo, para a balsa da corta de Bama.

Así mesmo, tamén critican que a parte máis importante, a planta de tratamento de auga áceda, figure vinculada a unha futura concesión de explotación mineira a ceo aberto, “feitos que non podemos admitir”. “A contaminación que levamos padecendo durante os últimos 30 anos hai que erradicala si ou si, e, a Administración ten que obrigar a actual empresa explotadora a implantar as máximas accións desde XA” manifestan Gemma e Vilar, voceiros do PSOE de Touro e O Pino respectivamente.

Por último indican que o obxecto das súas alegacións é obrigar aos promotores a presentar un novo proxecto serio e rigoroso, “queremos que se corrixa o problema da drenaxe áceda procedente da antiga mina, pero que se corrixa de forma integral e de forma definitiva, é para iso non se pode presentar un proxecto que escatima a inversión”, sinalan.

 

Compartir
Publicado por
Administrador

Últimas novas

O PSOE de O Pino rexistra as súas propostas para o POS+ 2019

O Concello de O Pino ten asignados 663.370,24€, cantidade que se verá aumentada coas achegas…

06/11/2018

O PSOE de O Pino solicita eliminar as “Curvas da Xesteira”

Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia…

11/11/2018

700.000€. Importe, que demanda o PSOE de O Pino vía emendas aos orzamentos da Xunta

Solicitan partidas para o EDAR, CPI Camiño de Santiago e Concentración Parcelaria Gonzar II En…

24/11/2018

Denuncian as repetidas carencias no servizo de pediatría do Centro de Saúde de O Pino

Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra O Pino, a 26…

26/11/2018

Toda a oposición de O Pino solicitará ao Alcalde presentar novas alegacións á Mina

Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello…

17/12/2018

O Concello de O Pino presentará novas alegacións ao proxecto da Mina tras aprobar en Pleno unha moción impulsada polos Socialistas

Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar,…

19/12/2018