Novas

A veciñanza de O Pino, proximamente, terá a súa disposición diverso equipamento para realizar exercicio físico

Material cardio valorado en 55.573€ (ive incluído), e composto por: 5 cintas de correr, 5 elípticas, 5 bicicletas, 1 remo air rower, 1 remo sentado adaptado e material auxiliar (60 planchas de caucho)

O PSOE de O Pino informa que o concello ten publicado na Plataforma de Contratacións do Sector Público unha nova licitación para a “adquisición de material cardio” por un valor de 55.573,99€.

Os pregos e condicións inclúen: 5 cintas de correr; 5 elípticas; 5 bicicletas; 1 remo air rower; 1 remo sentado adaptado e 60 planchas de caucho. Trátase de diverso equipamento para realizar exercicio físico e que todo apunta a que será destinado a crear o primeiro ximnasio municipal, segundo informan dende o PSOE local.

A licitación está financiada grazas ó Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, convocatoria 2018-2019 (Leader, submedida 19.2).

O ximnasio é unha vella demanda dos Socialistas

Os Socialistas de O Pino alégranse de que a veciñanza de O Pino, por fin, dispoña dun lugar con un equipamento mínimo e axeitado para realizar actividade física.

Así mesmo, lembra que o ximnasio é unha vella demanda da veciñanza, e que a mesma xa figuraba nos últimos programas electorais do PSOE. Agora, “esperamos que todo este material estea á disposición de toda poboación canto antes e con uns amplos horarios para o goce de todos e todas”, apuntan.

Compartir
Publicado por
Administrador

Últimas novas

O PSOE de O Pino rexistra as súas propostas para o POS+ 2019

O Concello de O Pino ten asignados 663.370,24€, cantidade que se verá aumentada coas achegas…

06/11/2018

O PSOE de O Pino solicita eliminar as “Curvas da Xesteira”

Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia…

11/11/2018

700.000€. Importe, que demanda o PSOE de O Pino vía emendas aos orzamentos da Xunta

Solicitan partidas para o EDAR, CPI Camiño de Santiago e Concentración Parcelaria Gonzar II En…

24/11/2018

Denuncian as repetidas carencias no servizo de pediatría do Centro de Saúde de O Pino

Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra O Pino, a 26…

26/11/2018

Toda a oposición de O Pino solicitará ao Alcalde presentar novas alegacións á Mina

Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello…

17/12/2018

O Concello de O Pino presentará novas alegacións ao proxecto da Mina tras aprobar en Pleno unha moción impulsada polos Socialistas

Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar,…

19/12/2018